Traballar a inserción laboral de forma directa ou indirecta

No ano 2015 xurdíume a posibilidade de traballar como técnico de emprego e desenvolvemento local no Concello de Vigo. Neste posto coincidin con 2 orientadores laborais e 2 técnicos de emprego con funcións moi distintas, mais con mesmo obxectivo, a inserción laboral de desempregados.



Cartaz para as entidades beneficiarias das subvencións.

Mentres os orientadores laborais dedicábanse a facer entrevistas a usuarios do servizo, eu estaba metido na miña pompa de Excel e Word, facendo táboas, requerementos e resolucións. Levaba a xestión de subvención para a contratación de desempregados en entidades sen ánimo de lucro, entidades deportivas e axudas municipais á creación de empresa.

Básicamente dedicábame a xerar emprego co fin de persoas desempregadas puideran acceder a eses postos subvencionados. Os orientadores eran conscientes destes posto e dábanlle aos participantes do servizo as ferramentas e instruccións para poder acceder ao proceso de selección destes traballos. Cun pouco de sorte eran seleccionados e con máis sorte aínda quedaban no posto.

En cuanto ás subvencións tanto de contratación en entidades sen ánimo de lucro como en entidades deportivas, o obxectivo era facilitar económicamente a estas entidades a contratación de persoal que precisaban pero que non podían permitirse contratar. As condicións da convocatoria esixía a estas entidades a contratación dunha das persoas propostas polo SPEG, despois, claro, de presentar os perfiles procurados. Unha vez en activo o traballador, a entidade contratante debe xustificar que está traballando o tempo previsto, facendo un seguimento neste sentido.

Por outro lado, ás axudas municipais á creación de empresas subvencionaba gastos que non foran de inmobilizado material, de forma que todo o fungible da empresa pode ser potencialmente subvencionado ata 3000€, aínda que para elo debería xustificar o dobre da cantidade asignada. O procedemento só recoñecía empresas que foran dadas de alta nos meses inmediatamente anteriores á publicación das bases da subvención. Cabe sinalar que podían acceder a estas axudas tanto sociedades mercantiles, sociedades de economía social, sociedades civiles ou autónomos. 

Unha das diferentes follas de Excel de xustificación de gasto.


Evidentemente, debido á concurrencia competitiva, para a asignación das cuantías era preciso unha baremación previa segundo os criterios establecidos nas respectivas bases das diferentes convocatorias. Por exemplo, a baremación é maior canta máis xente sexa contratada, e no caso de coincidir o número de traballadores, ás que máis horas ofrezan terán preferencia no momento da resolución.

Igual que o orientador laboral traballa directamente co participante na súa inserción laboral, activación, marca persoal, etc., como técnico de emprego e desenvolvemento local eu traballei coas empresas e entidades á creación de novos postos que se non foran por estas axudas non existirían. Traballábamos para o usuario pero sen tocalo. Traballábamos a súa inserción de forma pasiva.

Ao ter contacto cos orientadores do servicio, se lles informaba dos postos que van ser subvencionados, de forma que eles trasladen esta información aos seus orientados, e así que estes foran ao SPEG e se deran de alta como demandantes de emprego nos perfiles que se teñen previsto ofertar.


Visto esta relación de traballo entre orientadores e técnicos de emprego, e coñecendo as diferencias de usuario frente a entidades/empresas, entrevistas frente a labor de xestión; pódese dicir que o técnico traballa indirectamente ou directamente a inserción laboral?

Na miña opinión, dependendo do punto de vista poden ser correctas as dúas respostas. Se miramos dende a perspectiva de acción hacia o usuario, se traballa activamente a inserción laboral, xa que traballamos directamente a creación de un posto para o usuario; máis se observamos con quen traballamos, sería de forma indirecta, xa que o técnico de emprego o fai de forma pasiva con respecto ao usuario, é dicir, o fai pensando na súa inserción mais traballando con empresas ou entidades.

Para saber máis:
Perfil Profesional do ADL
Axentes de emprego e desenvolvemento local
O papel do Axente de desenvolvemento local na creación de empresas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Marco instrumental de la Orientación Laboral (Resumen)